MICROALGAS EL MUNDO OCULTO (cómic)

MICROALGAS EL MUNDO OCULTO (cómic)

As microalgas existen desde hai 1500 millóns de anos. Coa axuda destes pequenos seres podemos salvar o planeta de ameazas coma o cambio climático, a contaminación ou a desnutrición global. Sen embargo, as microalgas teñen os seus propios problemas, e ao longo deste cómic poderás coñecer os de Spirulina, Nanno, Wasto e Tom, e seguilos nas súas aventuras e descubrimentos.

A Universidade da Coruña coedita con Enhance Microalgae esta banda deseñada de divulgación científica para rapaces e rapazas novos. Hai versión en castelán, en galego e tamén en inglés.Colección: Ciencia aberta n.º 4

  • Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións
  • ISBN castellano: 978-84-9749-694-0
  • 2019; 56pp; 17x24cm
  • 8 euros

 

Go to top