- Invitada: Vanessa Álvarez López
- Título: “Unha visión integradora do sistema solo-planta-microorganismo en sistemas agronómicos”
- Fecha: Martes, 12/09/2023 – 12:00 h (GMT+2)
- Organizado por CICA
- Salón de actos del CICA
Resumen de la conferencia:
O adecuado manexo dos sistemas agrarios pode xogar un papel chave na adaptación e mitigación ao cambio climático. Ao mesmo tempo a protección destes sistemas debe pasar pola protección e conservación do estado de saúde e funcionalidade dos solos.
O manexo dos sistemas produtivos pasa polo tanto polo manexo do solo, dende os solos degradados ata os solos agrícolas necesitan de plans apropiados de mantemento e recuperación da súa funcionalidade e estabilidade; que comeza co estudo e caracterización das súas propiedades físicas, químicas e biolóxicas, sendo estas últimas as que veñen sendo menos estudiadas no pasado.
Una breve reseña del CV de la Dra. Vanessa Álvarez López:
Vanessa Álvarez López licenciouse en Bioloxía na USC no ano 2010. Posteriormente realizou a súa tese de doutoramento no grupo de Microbioloxía do Solo do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia en Santiago (IIAG-CSIC) sobre interaccións planta-solo-microorganismo en solos enriquecidos en metais pesados. Durante esta etapa realizou tamén estadías en BOKU – University of Natural Resources and Life Sciences (Austria)
No 2017 incorporouse como investigadora posdoutoral na Université de Bourgogne-Franche-Comté (Francia) onde profundou no uso das técnicas de secuenciación masiva de ADN para a caracterización das comunidades microbianas do solo.
No 2019 incorporouse ao grupo de Produción Vexetal da Escola Politécnica de Lugo (EPSE-USC) cunha axuda posdoutoral Juan de la Cierva, onde se integrou no grupo de Investigacións de Sistemas Silvopastorais, que conta cunha extensa rede de investigación europea no eido da mellora na eficiencia agronómica dos cultivos pero tamén en campos de participación social, análise económica e de políticas agrarias.
Finalmente, no 2023 incorporase ao CICA cunha Axuda de Investigación Ramón y Cajal e a súa investigación realizarase dentro do grupo AQUATERRA; que conta cunha longa e dilatada experiencia na caracterización das propiedades físicas dos solos, e centrarase na mellora das propiedades biolóxicas do solo mediante cambios no seu uso e/ou manexo.