A dirección do CICA visita o Sistema de Investigación vasco

A dirección do CICA visita o Sistema de Investigación vasco

O director do CICA, Jaime Rodríguez, así como a subdirectora, María Isabel González, xunto ao resto de representantes dos dez centros de investigación galegos que pertencen á Rede CIGUS, realizaron unha visita ao ecosistema de investigación do País Vasco nunha iniciativa promovida dende FEUGA (Fundación Empresa Universidade Galega) co obxectivo de promover as alianzas estratéxicas con outros centros de investigación punteiros do país.

Con esta visita, tamén se buscaba abordar as características da Estratexia Universidade + Empresa impulsada polo Gobierno Vasco desde o ano 2017, así como estratexias para a atracción e retención de talento científico e aproveitamento do potencial científico entre os axentes.

 

Visita al País Vasco

Durante o desenvolvemento das actividades, tamén houbo a oportunidade de compartir experiencias entre centros, permitindo contrastar e poñer en común as distintas estruturas de gobernanza, políticas de funcionamento e esquemas de financiamento que coexisten nos modelos galego e vasco.

Ademais de encontros bilaterais entre centros de investigación homólogos de amba-las dúas comunidades, durante tres días a delegación galega, incluíndo o CICA, visitou a Fundación para a Ciencia (Ikerbasque), o Instituto Biofisika- Fundación Biofísica Biskaia, Achucarro Basque Center for Neuroscience, Tecnalia, CICbioGuUne, CIGNanoGUNE, Basque Center on Cognition Braing and Language (BCBL) e Basque Research and Technology Aliance (BRTA).

Go to top