O responsable de Proxectos I+D+i, Daniel Torrecilla, e a investigadora principal do grupo Quimbio, Elena Pazos, que forma parte do programa Oportunius, acudiron ao IV Encontro Oportunius, que tivo lugar este xoves 21 de novembro.
Oportunius é un programa da Xunta de Galicia que ofrece oportunidades para desenvolver unha carreira científica de excelencia en Galicia, complementando as axudas do European Research Council (ERC) e reforzando as opcións de acceso a elas.
Este encontro anual, organizado por GAIN ( Axencia Galega de Innovación), que pertence a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia, serve para coñecer o posicionamento de Galicia e España na captación de axudas do ERC, así como para escoitar a testemuña de investigadores que reciben ou están a piques de acceder a estas axudas.

A inauguración da xornada na Cidade da Cultura estivo a cargo de Román Rodríguez, Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia, e o público puido escoitar as perspectivas dalgúns dos investigadores gañadores e finalistas destas prestixiosas axudas outorgadas polo Consello Europeo de Investigación.
A conferencia realizada pola Directora Xeral da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), Izaskun Lacunza, salientou os instrumentos de apoio á carrera científica, mentres que, a mesa redonda na que participaron Francisco Vilaplana, Responsable de relacións institucionais e expresidente da Red de Asociaciones de Científicos en el Exterior (RAICEX), Joaquín Capablo, Vicepresidente da Marie Curie Alumni Association (MCAA) e Promotor de proxectos europeos en Campus Iberus e Beatriz Pelaz, Académica de número da Academia Joven de España, AJdE, tratou sobre a atracción e retorno de talento a Galicia.
Investigadores Oportunius do CICA
A Doctora Elena Pazos lidera o grupo QUIMBIO, un grupo de investigación multidisciplinar centrado no desenvolvemento de ferramentas químicas para seu uso en biomediciña. Pazos é beneficiaria de una Starting Grant en 2019 e forma parte do programa Oportunius.
Daniel Nieto, do grupo Advanced Biofab, tamén é investigador Oportunius. Seu proxecto de Bioimpresión de órganos en 3D foi dotado coa axuda Consolidator Grant do Consejo Europeo de Investigación (ERC).