O CICA é un centro da Universidade da Coruña posúe unhas instalacións acordes cos requisitos de traballos onde se desenvolve investigación de excelencia e con vocación internacional.
As persoas que se incorporan ao CICA poderán dispor tanto dun espazo de laboratorio como ao acceso a equipos de uso común habilitados en zonas acondicionadas para albergar as ditas infraestruturas. Ademais, poderán acceder a equipo singulares a través dos Servizos de Apoio á Investigación (SAI) da UDC.
Os/as investigadores/as ten o asesoramento do persoal de xestión do CICA que ofrece apoio en diferentes accións estratéxicas do centro:
- Preparación nas convocatorias de financiamento de proxectos, especialmente de convocatorias europeas.
- Acceso a programas de captación de persoal.
- Apoio na transferencia de resultados de investigación mediante a protección de resultados, preparación de contratos con empresas, creación de spin-offs ou iniciativas similares.
- Comunicación mediante notas de prensa, repercusión en redes sociais, apoio na divulgación da ciencia
O CICA pon a disposición dos seus adscritos/as axudas internas de financiamento para asistencia a congresos, realización de estadías, publicacións en aberto, conciliación familiar…
O CICA é un centro con moitas actividades, onde teñen lugar conferencias de investigadores invitados, seminarios internos das liñas estratéxicas, ciclos temáticos de charlas e eventos máis distendidos como as happy hours. Ademais, entre outras accións, organízanse xornadas formativas para a preparación de propostas de proxectos europeos, para a mellor transferencia de resultados e tecnoloxías, para o fomento da divulgación científica á sociedade e na promoción do centro con empresas.
Estamos comprometidos coa divulgación científica e a RRI. Asistimos e somos protagonistas en varios eventos anuais e desenvolvemos os nosos propios proxectos para fomentar as vocacións científicas e dar a coñecer as investigacións que desenvolvemos.
Promulgamos a igualdade de xénero e a conciliación familiar, polo que pomos en marcha actividades para fomentalas.
HRS4R
Como parte do compromiso de atraer o mellor talento investigador, a Universidade da Coruña, á que pertence o CICA, en agosto de 2016 adheriuse á Carta europea de investigadores e ao Código de conduta para a contratación de investigadores que establece os dereitos e as obrigas dos investigadores e as institucións que os empregan e financian para aplicar procedementos de contratación transparentes e xustos.
Obtivo o logo «HR Excellence in Research» o 7 de xuño de 2017 e o 8 de xullo de 2019 recibiu de Euraxess unha avaliación favorable das medidas de implementación do selo, na súa fase intermedia (Implementation Phase Interim Assessment).
Toda a información pódese consultar na web da UDC.
Xa están connosco
ERC
Elena Pazos Chantrero
Incorporouse ao CICA en xullo de 2017 a través do programa InTalent UDC-Inditex.
En 2020 comezou o seu proxecto “Supramolecular Engineering of biologically iNSpired peptide nanostructurEs, SENSE” financiado por: ERC Starting Grant, Nº 851179.
Máis información na web do seu grupo de investigación.
Apoio a solicitantes ERC
Desde o CICA, en colaboración coa Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI) da UDC, apoiamos os/as investigadores/as que soliciten unha axuda do European Research Council (ERC) para unirse ao centro, a través do programa berce da UDC.
Mediante este programa proporciónase:
- Apoio técnico na elaboración da proposta para a ERC en calquera das súas modalidades. Inclúese asesoramento nos aspectos máis valorados na avaliación da ERC, revisión técnica da proposta, axuda na elaboración do orzamento, revisión lingüística,…
- Dispoñibilidade dun espazo físico propio para levar a cabo o proxecto, o que garantirá aos/as investigadores/as a súa independencia investigadora. Neste sentido, a UDC poderá habilitar laboratorios nos seus centros sempre que a investigación teña relación coas súas liñas de actuación.
- Acceso ao Programa Oportunius promovido desde a GAIN da Xunta de Galicia, mediante a sinatura dun convenio específico entre a UDC e a GAIN que permitirá aos/as investigadores/as beneficiarse das condicións e vantaxes deste programa, incluída a formación e, sobre todo, a estabilidade laboral a través dun contrato revisable cada cinco anos de “profesor/a distinguido/a”.
- Para os/as investigadores/as da UDC con contrato indefinido previo, Oportunius ofrece a posibilidade de dispor de recursos económicos adicionais para a súa investigación.
- Negociación de incentivos económicos durante o desenvolvemento do proxecto da ERC que permitan que o salario total dos/os investigadores/as sexa plenamente competitivo e acorde coa categoría e prestixio asociado ás persoas beneficiarias deste tipo de proxectos.
- Acceso a todos os servizos propios que ofrece a UDC, tanto para a xestión de proxectos, convenios e contratos, como para a protección da propiedade industrial e intelectual, o servizo de publicacións, a creación de EBT…
- Flexibilidade do programa para negociar as condicións aquí expostas ou outras necesidades concretas adicionais de cada investigador/a. A UDC comprométese a estudar as suxestións e propostas dos/as beneficiarios/as da ERC e, se é posible, incluílas no programa berce.
InTalent
Das 6 persoas que se incorporaron á UDC a través deste programa, 2 fixérono no CICA:
Elena Pazos Chantrero
Incorporouse ao CICA en xullo de 2017.
En 2020 comezou o seu proxecto “Supramolecular Engineering of biologically iNSpired peptide nanostructurEs, SENSE” financiado por: ERC Starting Grant, Nº 851179.
Máis información na web do seu grupo de investigación.
Ana Rei Rico
Forma parte do CICA desde marzo de 2018.
Na convocatoria de 2018 obtivo unha axuda do programa Ramón y Cajal (o contrato comezou en 2020).
Máis información na web da UDC.
Descripción do programa
Está encamiñado á incorporación na UDC de investigadores posdoutorais con proxección e ampla traxectoria internacional baixo o único criterio da excelencia.
Diríxese a científicos de calquera nacionalidade que queiran desenvolver a súa actividade investigadora na UDC. A través deste programa búscase a xeración, retención, recuperación e captación de talento científico e innovador co fin de xerar tecido científico e investigador de excelencia para a UDC.
A duración dos contratos é dun máximo de 3 anos e o seu importe é de 45.000€/ano. Ademais, cada candidato terá á súa disposición 30.000 € para desenvolver o seu proxecto e 1.000€ para gastos de traslado e instalación.
Máis información na web do programa InTalent.
Ramón y Cajal
Ana Rei Rico
Forma parte do CICA desde marzo de 2018. Incorporouse a través do programa inTalent UDC-Inditex.
Na convocatoria de 2018 obtivo unha axuda do programa Ramón y Cajal (o contrato comezou en 2020).
Máis información na web da UDC.
Beatriz Galindo
Dúas persoas uníronse ao CICA a través deste programa:
Vanessa Valdiglesias García
Incorporouse ao CICA en 2019 a través da convocatoria Beatriz Galindo.
Máis información sobre os seus CV aquí.
Miguel Martínez Calvo
Incorporouse ao CICA en 2019 a través da convocatoria Beatriz Galindo.
Máis información sobre os seus CV aquí.