Un paso máis cara a transición enerxética: o grupo LISTE abre as portas do seu laboratorio

Un paso máis cara a transición enerxética: o grupo LISTE abre as portas do seu laboratorio

O grupo de investigación LISTE (Laboratorio de Investigación de Sistemas para a Transición Enerxética), liderado polo investigador Beatriz Galindo, Israel Temprano, ven de inaugurar oficialmente o seu laboratorio, creado e no marco da Cátedra Resonac-UDC Sparking Truth. Ao acto acudiron o reitor da UDC, Ricardo Cao; o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica da Coruña, Juan Ignacio Borrego, o director xeral de Operacións de Resonac Graphite Spain, Pablo Rifón; o director do CICA, Jaime Rodríguez; e o director e codirectora da cátedra, Israel Temprano e Alba Tuñas, respectivamente; así como outros integrantes da cátedra.

Os asistentes tiveron ocasión de coñecer de primeira man o labor que se vai a levar a cabo no laboratorio antes de realizar unha visita guiada polas instalacións. Cun enfoque na innovación e a sustentabilidade, o grupo de investigación LISTE, que pertence ao área de Alimentación, Contaminación e Saúde do CICA,  propónse acelerar o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas que impulsen a transición enerxética. Entre os seus ámbitos de traballo haberá procesos electroquímicos para a implantación de tecnoloxías que usan fontes renovables para a súa xeración (fotovoltaica), almacenamento (baterías e supercondensadores) e transformación (captura de carbono e xeración de hidróxeno). Un dos seus principais retos será investigar os distintos tipos de batería para melloralas, de forma que duren máis e reduzan o seu impacto ambiental.

 

Cátedra Resonac-UDC Sparking Truth

Esta cátedra supón unha mostra máis de que a colaboración entre os sectores público e privado e entre universidade e industria é esencial para fomentar a innovación na transición enerxética. Resonac contribúe cun investimento económico ao laboratorio LISTE-Resonac, impulsando a investigación e o desenvolvemento de tecnoloxías para a mobilidade eléctrica e promovendo a transferencia de coñecemento universidade-empresa a través de proxectos de aprendizaxe-servizo e actividades divulgativas e o desenvolvemento e acceso ao talento universitario.

O acto tamén serviu para presentar a catro dos alumnos da UDC que actualmente están a desenvolver as súas TFG no Grupo LISTE (Lucía Ledo López, Carlota Sánchez Martínez, Noé Añón Lema, Xabier Rivera Crespo e o investigador postdoutoral Margarita Salas Daniel Rodríguez Ramos) e que usarán o laboratorio LISTE-Resonac como base de operacións para realizar experimentos e investigacións.

Go to top