No CICA case 200 biólogos, xeólogos, médicos e químicos tratamos que a química e a bioloxía teñan as respostas que poidan resolver os retos que hoxe en día nos demanda a sociedade. Propómonos ser un centro con repercusión tanto nacional como internacional, que siga os estándares de publicacións científicas de maior impacto, con desenvolvementos innovadores para empresas, e facendo que a ciencia chegue á cidadanía nun marco de Non hai ciencia que non se comunica. No noso centro contamos cos laboratorios e os equipamentos necesarios para realizar unha investigación de vangarda e o noso impulso futuro sabemos que está ligado coa captación de mozos investigadores/as. Da man da UDC somos parte da formación dos estudantes de grao e de doutoramento, para que poidan seguir avanzando nas súas carreiras científicas e que sexan parte dunha nova xeración ligada ao proceso de mellora da ciencia en España.
Un dos nosos fortes é a interdisciplinariedade que dá a química e á bioloxía que se erixen como solucións para as tres áreas nas que se enfocou o CICA: nanociencia e os materiais avanzados, a biomedicina e o binomio contaminación-saúde.
Cremos na igualdade de oportunidades, recoñecemos o difícil equilibrio de xénero que comporta a investigación e, sobre todo, no rexuvenecemento necesario ao que se enfronta tanto a Universidade como os centros de investigación, polo que tratamos de incidir nestas problemáticas con accións que poidan solucionar estes retos tan importantes para as xeracións futuras.