Ética e gobernanza

A ética (Ethics) dentro da RRI céntrase en:

A integridade da investigación: a prevención de prácticas de investigación e de investigacións inaceptables.

A ciencia e a sociedade: a aceptación ética dos desenvolvementos científicos e tecnolóxicos.

A Universidade da Coruña ten un “Comité de ética da investigación” que desenvolveu unha normativa que debe cumprir todo o seu persoal:

https://www.udc.gal/gl/investigacion/etica/normativa/https://www.udc.gal/export/sites/udc/investigacion/_galeria_down/hrs4r/Codigo-etico-GAL.pdf_2063069239.pdf

Ademais,hai diversos recursos sobre ética científica e plaxios a disposición da comunidade universitaria:

https://www.udc.es/es/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/publicar/plaxios/

Entre as próximas accións do CICA está a de organizar un curso de formación sobre ética e integridade científica para o seu persoal.

Gobernanza

Os acordos de gobernanza (governance) para alcanzar un futuro que sexa aceptable e desexable teñen que:

– Ser robustos e adaptables para o desenvolvemento impredicible da investigación e innovación (xestión de facto).

– Ser o suficientemente familiares para aliñarse con prácticas existentes.

– Compartir a responsabilidade entre todos os actores.

– Proporcionar instrumentos de gobernanza para fomentar esta responsabilidade compartida.

A dirección do CICA está comprometida coa RRI. Fomenta a participación en proxectos desta temática, realiza actividades de divulgación científica e forma o seu persoal nos principios do RRI.