Como se fai unha tese de doutoramento en Paleontoloxía? A miña experiencia como especialista en trilobites
A III Semana da Paleontoloxía continúa o seu ciclo de conferencias abertas ao público con Sara Romero Gómez, doutora en Paleontoloxía pola Universidad Complutense de Madrid.
A través da súa experiencia como especialista en trilobites, a investigadora achegará ao público o traballo que hai detrás dunha tese de doutoramento en Paleontoloxía e o proceso de investigación científica nesta disciplina.
A conferencia forma parte do ciclo “A Paleontoloxía na era tecnolóxica: descifrando o pasado para entender o futuro”.
5 de outubro · 13:00 h
Facultade de Ciencias · Universidade da Coruña
Entrada libre ata completar aforo.