A perforación oceánica profunda e as súas transcendencias na definición dos paradigmas xeolóxicos

A perforación oceánica profunda e as súas transcendencias na definición dos paradigmas xeolóxicos

A III Semana da Paleontoloxía recibe a José Abel Flores Villarejo, catedrático de Paleontoloxía da Universidad de Salamanca, dentro do ciclo de conferencias abertas ao público “A Paleontoloxía na era tecnolóxica: descifrando o pasado para entender o futuro”.

A conferencia abordará o papel da perforación oceánica profunda e a súa importancia no desenvolvemento e transformación dos grandes paradigmas das ciencias xeolóxicas.

1 de outubro · 13:00 h
Salón de Actos do CICA · Universidade da Coruña
Entrada libre ata completar aforo.

Go to top