Paleontoloxía en familia: cinema e obradoiros infantís
A III Semana da Paleontoloxía dedica unha xornada ao público familiar no Fórum Metropolitano da Coruña, combinando cinema e actividades prácticas para achegar a paleontoloxía aos máis pequenos.
A programación inclúe a proxección de Mary Anning e a praia dos dinosauros, unha película inspirada na figura de Mary Anning e na súa fascinación polos fósiles.
Ademais, UDC Big Bang desenvolverá obradoiros gratuítos de paleontoloxía para nenos e nenas, con actividades para buscar e identificar fósiles, crear réplicas e descubrir de forma práctica como podemos reconstruír a historia da Terra.
3 de outubro · Fórum Metropolitano · A Coruña
Actividade gratuíta ata completar aforo.