Paleocharlas: paleontoloxía no Bar Árnica

Paleocharlas: paleontoloxía no Bar Árnica

A III Semana da Paleontoloxía sae da universidade e chega ao Bar Árnica cunha sesión de Paleocharlas, un encontro aberto ao público para achegarse á investigación nun ambiente informal.

Ana García Vázquez presentará “Vellos ósos, novas pegadas: pasado e presente do oso pardo en Galicia”, unha charla sobre a historia desta especie no noso territorio.

A continuación, Gloria González Fortes abordará “Que nos fai humanos? Unha mirada paleoantropolóxica ao concepto de especie, hibridación e evolución”, achegándonos a algunhas das grandes preguntas sobre a nosa historia evolutiva.

1 de outubro · 19:30–20:30 h
Bar Árnica · A Coruña
Entrada libre ata completar aforo.

Go to top