header image
Bioingeniería Ambiental e Control de Calidade

BIOENGIN
Bioingeniería Ambiental e Control de Calidade

O grupo BIOENGIN da Universidade da Coruña está composto por profesores (catedráticos, e profesores titulares) nos campus da Coruña e de Ferrol, técnicos de laboratorio e un número variable de profesores visitantes, investigadores postdoctorales, doctorandos ou outro tipo de investigadores en formación, procedentes da propia universidade ou doutros centros españois e estranxeiros.

A investigación do grupo está orientada ao desenvolvemento de bioprocesos para o tratamento de augas, residuos e gases, e a obtención de novos produtos.

A produción científica do grupo é elevada, principalmente en forma de artigos en revistas científicas internacionais pero tamén en forma de libros e capítulos de libros. O grupo participou en varios proxectos autonómicos, nacionais, así como en proxectos internacionais financiados, en colaboración con outros centros europeos, de América Latina e de Oriente Medio. Os membros do grupo realizaron estudos de investigación e de asesoramento para empresas e presentaron comunicacións a congresos internacionais, varias das cales foron conferencias plenarias e por invitación. O grupo é recoñecido como Grupo de Referencia Competitiva pola Xunta de Galicia.

Información de utilidade

Liña de investigación 1 – Procesos de biorrefinería aplicados ao tratamento e valorización de augas residuais e residuos orgánicos, e á recuperación de recursos.

Recuperación de materia orgánica presente en distintos tipos de augas residuais e de residuos sólidos mediante o emprego biorreactores para a obtención de diferentes produtos de alto interese no mercado: acedos grasos volátiles, metano, hidróxeno e biopolímeros.

Aplicación de técnicas de bioloxía molecular para determinar as comunidades microbianas e as dinámicas poboacionais presentes nos biorreactores.

Liña de investigación 2 – Procesos de biorrefinería aplicados ao tratamento e valorización de emisións industriais e gases de efecto invernadoiro.

Desenvolvemento e optimización de novos procesos de conversión e bioconversión de gases industriais e gases de efecto invernadoiro, principalmente, gas de sintésis, CO, CO2, CH4, Compostos Orgánicos Volátiles, Compostos Inorgánicos Volátiles, en (bio)combustibles (por ex., bioetanol, biobutanol, biogás, bio-hidróxeno, biodiésel) e outros bioproductos (por ex., acedos carboxílicos, alcois, biopolímeros, proteínas, carotenoides), en (bio)reactores.

 

  • “Sustainable biorefinery processes for the production of biofuels, biopolymers and other bioproducts through the carboxylate platform”. Duración: 09/2021 – 08/2024. MINECO. Cuantía: 249.260.00 €. IP:
  • “Red española de Biorrefinerías Sostenibles”. Duración: 01/2020 – 12/2022. MINECO. Cuantía: 20.000,00 €. IP:
  • “ayudas para la consolidación y estructuración de unidades de investigación competitivas- Grupo de Referencia Competitivo”. Duración: 01/2021 – 12 /2022. Xunta de Galicia. Cuantía: 320.000,00 €. IP:

Outra información de interese

Artígos

Efficient medium-chain alkane degradation by two isolated bacterial strains: performance and synergistic mechanisms

  • Autores: Yaxue He, Rui Han, Hui Wang, Aohan Zhang, Piet N L Lens, Christian Kennes, Xiaoyan Li, Qian Li, Lichao Lu, Lei Wang , Jianmeng Chen, Rongsheng Lin , Dongzhi Che
  • Revista: Environmental Research, 2026, 297
  • URL: https://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0013935126004433?via%3Dihub
  • Cuartil: D1 (Wos/Scopus)
  • CiteScore: 14.7
  • Impact factor: 7.7
  • DOI: 10.1016/j.envres.2026.124115

Synergistic effects of glycerol and lactose on propionic acid production by Cutibacterium acnes ZW-1: Insights from untargeted metabolomics

  • Autores: Zeyu Wang, Hao Xu, Minyu Suo, Yu Mei , Dzmitry Hrynsphan, Savitskaya Tatsiana, Christian Kennes, Jun Chen
  • Revista: Journal of Environmental Chemical Engineering, 2026, 14
  • URL: https://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S2213343726002976
  • Cuartil: D1 (Wos/Scopus)
  • CiteScore: 12.5
  • Impact factor: 7.2
  • DOI: 10.1016/j.jece.2026.121323

Prospect of kitchen wastes for biomaterials and biogas production in a biorefinery approach

  • Autores: Rebeca Esteban-Lustres, Kai L. Baltrusch, Javier Seijo, Sheyma Inoubli , María Dolores Torres, Guido Domingo , Candida Vannini , Patricia A. Romero-Jung, Beatriz Piñeiro-Lago , Antonio Pazos , Alexandre González-Novoa, Andrea Rodríguez Montes , Christian Kennes , María C. Veiga , Herminia Domínguez
  • Revista: Bioresource Technology Reports
  • URL: https://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S2589014X25004554
  • Cuartil: Q1
  • CiteScore: 8.9
  • Impact factor: 4.3
  • DOI: 10.1016/j.biteb.2025.102472

Fotos