header image
Regulación da expresión génica e aplicacións

EXPRELA
Regulación da expresión génica e aplicacións

EXPRELA é un grupo de investigación cunha longa traxectoria en Bioquímica e Bioloxía Molecular. Este coñecemento básico aplicouse tamén ao desenvolvemento de ferramentas biolóxicas para a expresión de proteínas de interese utilizando os microorganismos como fábricas celulares. As diversas capacidades desenvolvidas polos compoñentes do grupo permiten enfoques multidisciplinares para resolver retos de investigación con aplicacións industriais e biomédicas.

Actualmente, os temas de investigación básica de interese para o grupo están relacionados co control da expresión génica a través de mecanismos diversos:  factores de transcrición, lncRNAs, e interactomas, desenvolvendo proxectos nesta liña orientados á biomedicina.

As liñas de investigación básica de EXPRELA céntranse tamén na purificación, produción e modificación de proteínas.  O grupo estuda a estrutura e función de proteínas con aplicacións biotecnológicas, biomédicas ou nutricionais.  Destaca a obtención de novas encimas estables e con alta capacidade catalítica en condicións industriais, así como a produción de encimas para a preparación de prebióticos

Información de utilidade

Liña de investigación 1 – Regulación da expresión génica e cancro.

O principal reto no tratamento do cancro de ovario céntrase en conseguir un diagnóstico inicial antes de que a enfermidade alcance un estadio de peor prognóstico. As proteínas HMGB, relacionadas con tensións oxidativo, están tamén implicadas en varios tipos de cancro, incluído o de ovario, onde a expresión de HMGB1/2 vese incrementada, e ademais son proteínas capaces de unirse a RNA estabilizándoo. EXPRELA investiga as interaccións lncRNA-HMGB que poidan ser detectadas en estadios temperáns da enfermidade, así como profunda no coñecemento das secuencias implicadas na interacción entre ambos os tipos de moléculas, buscando posibles dianas terapéuticas. Tamén se buscan neoantígenos peptídicos derivados de lncRNAs de alta expresión en cancro de ovario que poidan interacionar cos receptores de linfocitos B infiltrados no tumor.

Liña de investigación 2 - Sistemas de expresión e modificación de proteínas con aplicacións industriais, sanitarias e nutricionais.

Actualmente, EXPRELA ten como obxectivo levar a cabo o escalado e valorización comercial dun proceso biotecnológico desenvolvido en anteriores proxectos para a xeración encimática (empregando endo-xilanasas fundamentalmente) e eficiente a partir de palla de trigo de xilooligosacáridos (XOS) de distintos pesos moleculares e propiedades funcionais e tecnolóxicas para a súa incorporación final como ingredientes alimentarios. Por outra banda, noutro proxecto financiado preténdese transferir este proceso a un novo material con xilanos, as macroalgas mariñas, un recurso infrautilizado, pero con potencial biotecnológico. Ademais, estúdase o efecto prebiótico in vitro en células de mamíferos (principalmente avaliando a capacidade antiadipogénica e antiinflamatoria) e como a microbiota intestinal humana de individuos obesos é modificada polos XOS derivados da palla de trigo e das macroalgas. Preténdese elucidar o efecto dos XOS xerados sobre o eixo microbiota intestinal-obesidade. Ambos os proxectos realízanse en colaboración co grupo da profesora María Luisa Rúa da Universidade de Vigo.

 

Patentes

  • “Producción de β-galactosidasa” (ES2012975B1).
  • “Cepas de levadura capaces de secretar β-galactosidasa al medio y su uso para la producción de biomasa, etanol, β -galactosidasa y proteínas de interés” (ES2319489B1).
  • “Cepas de Saccharomyces cerevisiae capaces de crecer en medios con melibiosa, estaquiosa y rafinosa” (ES2351296B1).
  • “Esterasa termófila de Thermus thermophilus” (ES2347398B1).
  • “Lipasa termófila” (ES2354326B1).
  • “Cepa de levadura de Kluyveromyces lactis y procedimiento de obtención de azúcares, etanol, β-galactosidasa y biomasa” (PCT/ES2011/070550).

 

Contratos/convenios con empresa vigentes

  • “Empleo de modelos matemáticos en productos nutracéuticos a base de té y lúpulo”. Convocatoria: Ayudas para el apoyo de proyectos piloto, desarrollo de nuevos productos, prácticas, procesos y tecnologías en el ámbito agroforestal. Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Código de procedimiento MR331A). Entidades participantes: UDC, Estación Fitopatológica de Areeiro, Orballo, S. L, Lúpulo, S. C. G e Glecex S. L. IP: Manuel Becerra Fernández (UDC). Vigencia: 01/04/2021 – 31/07/2023. Importe: 187.075,00 € (19.250€ UDC)
  • “Estudio de la capacidad de multiplicación de diferentes variedades de levadura empleando bagazo cervecero como sustrato”. Hijos de Rivera, S.A.U. Entidades participantes: UDC e Hijos de Rivera, S.A.U. IP: Manuel Becerra Fernández (UDC) Vigencia: 01/12/2021 - 31/12/2022. Importe: 12000 € +IVA= 14.520,00 € (UDC)

 

Oferta tecnolóxica

Programas de Doutoramento

Este grupo de investigación participa en los Programas Oficiales de Doctorado en "Biotecnología Avanzada" (http://doctoradociencias.udc.es/phd-in-advanced-biotechnology/  y "Biología Celular y Molecular" (http://doctoradociencias.udc.es/phd-in-cellular-and-molecular-biology/ ).

 

Outra información de interese

Artígos

Long Non-Coding RNA–Derived Peptides as a Novel Source of Tumor Neoantigens: Expanding the Immunopeptidome Beyond Canonical Coding Regions

  • Autores: Ismael López-Calvo, Inés Bao-Camacho,Samuel Martín-Revuelta,Cora Rey-Souto, Anahir Franco-Gacio, José Manuel Pérez-Martínez, Iván Sandino-Somoza, Álvaro Mourenza, Esther Rodríguez-Belmonte, Mónica Lamas-Maceiras, Esperanza Cerdán,Aida Barreiro-Alonso, Ángel Vizoso-Vázquez
  • Revista: Biology 2026, 15(7), 538
  • URL: https://www.mdpi.com/2079-7737/15/7/538
  • Cuartil: Q1 (Scopus)
  • CiteScore: 7.4
  • Impact factor: 3.5
  • DOI: 10.3390/biology15070538

Intrinsically disordered regions in the yeast transcriptional regulator Ixr1 support prion-like behavior

  • Autores: Aida Barreiro-Alonso, Cora Rey-Souto, Mónica Lamas-Maceiras, José Manuel Pérez-Martínez, Anahir Franco-Gacio, Esther Rodríguez-Belmonte, M. Esperanza Cerdán & Ángel Vizoso-Vázquez
  • Revista: Scientific Reports, 2026, 16
  • URL: https://www.nature.com/articles/s41598-025-33972-x
  • Cuartil: D1 (Wos/Scopus)
  • CiteScore: 8.5
  • Impact factor: 4.8
  • DOI: 10.1038/s41598-025-33972-x

Gut microbiome–driven colorectal cancer via immune, metabolic, neural, and endocrine axes reprogramming

  • Autores: Jhommara Bautista, Mónica Lamas-Maceiras, Camila Hidalgo-Tinoco, Antonio Guerra-Guerrero, Anapaula Betancourt-Velarde & Andrés López-Cortés
  • Revista: NPJ Biofilms and Microbiomes
  • URL: https://www.nature.com/articles/s41522-025-00883-8
  • Cuartil: Q1
  • CiteScore: 8
  • Impact factor: 5
  • DOI: 10.1038/s41522-025-00883-8

Videos

#ASEICAJoven- Fertilidad. ARN y cáncer de ovario

¡Conoce a nuestros científicos! #CICAnonPara

Fotos