header image
Grupo de Investigación en Bioloxía Evolutiva

GIBE
Grupo de Investigación en Bioloxía Evolutiva

Na actualidade o grupo conta entre os seus membros con trece doutores, doce deles con vinculación permanente coa institución, pertencentes ás áreas de Xenética (5), Zooloxía (1), Botánica (2), Fisioloxía Vexetal (3) e Ecoloxía (2). Forman tamén parte do grupo sete estudantes de doutoramento, en distintas etapas dos seus proxectos de teses. O profesorado con vinculación permanente inclúe a tres catedráticos, catro profesores titulares, e cinco profesores contratados doutores. Entre todos eles teñen recoñecidos un total de 41 sexenios de investigación.

Os membros do grupo desenvolven distintas liñas de investigación nos ámbitos da biodiversidade, conservación biolóxica, explotación sustentable de recursos mariños, evolución e diversidade vexetal, citogenética evolutiva, xenómica comparativa, evolución de máquinas celulares e subcelulares, e incompatibilidades mitonucleares. Aínda que certamente cada membro do GIBE ten un campo definido de especialización, o obxectivo do grupo é fomentar o traballo colaborativo en evolución desde unha aproximación multidisciplinar

Información de utilidade

Grupo - Bioloxía evolutiva da conservación (GIBE – Conservación biolóxica)

Estudamos as adaptacións ao cambio climático, a conservación das especies, a filogenia e sistemática molecular.

Grupo - Evolución e diversidade vexetal (GIBE – Diversidade vexetal)

Estudamos os patróns de evolución e a diversidade xenética en gramíneas, a evolución e a diversidade da parede vexetal, así como a resistencia a patógenos.

Grupo - Xestión sustentable de poblacións de organismos mariños (GIBE – Mariña)

Estudamos a xenómica, a transcriptómica, a xenética de poboacións e a citogenética de crustáceos e moluscos bivalvos con interese comercial. Tamén a evolución da determinación do sexo, a evolución do DNA ribosómico, a evolución do DNA mitocondrial e as interaccións mitonucleares.

Grupo - Evolución de máquinas celulares e subcelulares (GIBE – Ribosomas)

Estudamos a distribución e os efectos das mutacións ribosomales, as patoloxías mitocondriales e as incompatibilidades mitonucleares.

Spin offs.

AllGenetics. CIF: B70306840

  • A empresa, creada en 2011 conta cun total de 21 empregados na actualidade dos que 7 foron estudantes de doutoramento do grupo GIBE, comezando polos seus cofundadores, os Doutores Joaquín Vierna e Alejandra Perina. https://www.allgenetics.eu/company

Outra información de interese

Artígos

Bioaccumulation patterns in aquaculture mussels and turbots exposed to different sizes of TiO2NPs

  • Autores: Juan José López-Mayán , Elena Peña-Vázquez , Antonio Moreda-Piñeiro , Pilar Bermejo-Barrera , Julie Maguire, Mick Mackey, María Vázquez, Natalia Mallo , Santiago Cabaleiro , María Carmen Barciela-Alonso
  • Revista: Journal of Food Composition and Analysis, 2026, 149
  • URL: https://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0889157525016060
  • Cuartil: Q1
  • CiteScore: 7.2
  • Impact factor: 4.6
  • DOI: 10.1016/j.jfca.2025.108790

The frequency and importance of polyploidy in tropical rainforest tree radiations

  • Autores: Rowan J. Schley, Rosalía Piñeiro, James A. Nicholls, Michelle L. Gaynor, Gwilym P. Lewis, Flávia Fonseca Pezzini, Kyle G. Dexter, Catherine Kidner, R. Toby Pennington, Alex D. Twyford
  • Revista: New Phytologist, 2026, 249
  • URL: https://nph.onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1111/nph.70764
  • Cuartil: D1 (Wos/Scopus)
  • CiteScore: 8.5
  • Impact factor: 8.1
  • DOI: 10.1111/nph.70764

Marine recreational fisheries in Uruguay: Current status, challenges and opportunities for research and management

Fotos