NanoToxGen Grupo de Investigación en Nanotoxicología e Toxicoloxía Xenética
O Grupo de Investigación en Nanotoxicología e Toxicoloxía Xenética, NanoToxGen, é un grupo novo e multidisciplinar formado por investigadores e investigadoras con ampla formación en química, bioloxía e toxicoloxía. A súa actividade de investigación pertence ao ámbito das Ciencias da Saúde, e, concretamente, á área da Toxicoloxía. O grupo céntrase na caracterización dos efectos biolóxicos, xenéticos e sobre a saúde derivados de distintas exposicións, particularmente a nanomateriales, ou condicións médicas co fin de previr as patoloxías relacionadas. Tamén deseñan e testan novos compostos con potenciais aplicacións biomédicas. Trátase dun grupo con proxección internacional que conta con dúas expertas internacionais como colaboradoras externas, ademais de múltiples colaboracións con grupos de investigación de distintos países. Por outra banda, os membros de NanoToxGen contan con ampla experiencia formativa e o grupo ten actualmente varios estudantes de grao, de máster e de doutoramento.
Información de utilidade
Liña de Investigación 1 - Nanotoxicología.
Unha das liñas de investigación principais do grupo céntrase en estudo da interacción dos nanomateriales cos sistemas biolóxicos, a avaliación da biocompatibilidad destes compostos e os factores que inflúen nela, e a caracterización dos posibles efectos toxicolóxicos dos nanomateriales en distintos sistemas. Así mesmo, esta liña engloba tamén o desenvolvemento e validación de novas ferramentas específicas para estudos de biomonitorización e de avaliación de nanotoxicidad.
Liña de Investigación 2 - Testado de compostos biomédicos.
Outra das liñas de investigación do grupo consiste na síntese, caracterización e testado de compostos con potenciais aplicacións biomédicas. En particular, esta liña céntrase principalmente na síntese e caracterización fisicoquímica de novos complexos de vanadio e molibdeno. Estúdase tamén a súa actividade catalítica e a análise da súa actividade biolóxica para avaliar o seu potencial como compostos miméticos de encimas e axentes antitumorais.
Liña de Investigación 3 - Desnvolvemento de biomarcadores.
Finalmente, a terceira liña de investigación do grupo comprende o emprego de biomarcadores para avaliar os efectos sobre a saúde e o medio ambiente da exposición ambiental e ocupacional a contaminantes coñecidos ou emerxentes. Nesta liña inclúese tamén o desenvolvemento de novos biomarcadores celulares e moleculares para a identificación temperá de distintas patoloxías ou condicións médicas, centrándonos en particular na síndrome de fraxilidade en persoas maiores.
- Neurotoxicidad de las nanopartículas de óxido de zinc: efectos celulares, moleculares y comportamentales (NeuroiNPact) (SEM2021‐B2)
- Synthesis and study of nanoporous MOFs as advanced cooling materials (NanoCool) (SEM2021‐A3)
- Identificación de factores de riesgo y biomarcadores de vulnerabilidad al deterioro cognitivo y físico en el envejecimiento (AGECOG-SPUK).
- Partnership for the assessment of risks from chemicals (PARC)
- Evaluación del riesgo asociado a la exposición a nanomateriales: estrategias Toxicológicas in vitro, in vivo e in silico (NanoAssess).(PID2020-114908GA-I00)
Premios:
- Premio Dores Trigo ao traballo "Análise de parámetros xenéticos como biomarcadores de fraxilidade en persoas maiores". 2021
- Premio do Colexio Oficial de Médicos de Valladolid ao traballo "Papel do sistema inmunitario na fraxilidade en persoas maiores: desenvolvemento de novos biomarcadores". 2019
- Premio da Real Academia Galega de Ciencias ao traballo "Efectos celulares e moleculares de nanopartículas de magnetita en células neuronais humanas. 2015
- Premio Dores Trigo ao traballo "Neurotoxicidad de nanopartículas de óxido de zinc: efectos celulares e moleculares en células humanas". 2013
Outros:
- Participación en accións COST (European Cooperation in Science and Technology):
- Cancer nanomedicine - from the bench to the bedside (NANO2CLINIC) CA17140.
- Network on evidence-based physical activity in old age (PhysAgeNet) CA20104.
- Participación en programas de fomento de vocacións científicas:
- Programa InspiraSTEAM
- Programa STEAMBach
Membros do grupo
-
-
-
-
-
-
-
-
-
Outra información de interese
Novas
Artigos
Development of conventional and quantitative PCR assays for the detection of Vibrio europaeus using a Species-Specific gene identified from the pangenome
- Autores: David Polo Montero; Diego Rey-Varela; Ana L. Diéguez; Sergio Rodriguez; Ezgi Dinçtürk; Antia Villada; Justa Ojea; Javier Dubert
- Revista: Journal of Invertebrate Pathology
- DOI: 10.1016/J.JIP.2026.108624
Association of inflammatory biomarkers with physical and cognitive frailty in a Spanish population of older adults
- Autores: Lema-Arranz, Carlota; Hemadeh, Ali; Fernández-Bertólez, Natalia; Cibeira, Nuria; López-López, Rocío; Costa, Solange; Millán-Calenti, José Carlos; Lorenzo-López, Laura; Valdiglesias, Vanessa; Laffon, Blanca
- Revista: GeroScience
- DOI: 10.1007/s11357-025-01931-z
Biological and Catalytic Potential of Vanadium Complexes of N-Methyl-N-phenylhydrazinecarbothioamide Based ONS Donor Ligands
- Autores: Maurya, Mannar R.; Singh, Teenu; Dixit, Tejal; Venkatesh, V.; Avecilla, Fernando; Sankar, Muniappan
- Revista: Inorganic Chemistry , 65, 2026
- DOI: 10.1021/acs.inorgchem.5c04463
Fotos