header image
Química Biolóxica

QUIMBIO
Química Biolóxica

QUIMBIO é un grupo de investigación multidisciplinar centrado no desenvolvemento de ferramentas químicas para o seu uso en biomedicina. Habitualmente utilizamos plataformas peptídicas como base dos nosos deseños, porque ofrecen unha extraordinaria versatilidade estrutural e funcional, así como accesibilidade sintética. Ademais, os péptidos son biocompatibles e, por tanto, son ideais para o seu uso en sistemas vivos.

Unha das nosas principais liñas de investigación céntrase no desenvolvemento de sensores luminiscentes intelixentes para unha variedade de procesos biomoleculares relacionados con diversas enfermidades (por exemplo, cancro, enfermidade de Parkinson, etc.).

Doutra banda, tamén estamos interesados en explorar a aplicación de péptidos como base para o deseño de novos biomateriais activos capaces de inducir respostas celulares.

Información de utilidade

Liña de Investigación 1 - Sensores intelixentes

O desenvolvemento de novas ferramentas capaces de monitorizar e modificar os procesos biolóxicos é de gran interese para o avance da medicina moderna. As técnicas espectroscópicas, como a fluorescencia, transformaron o estudo dos sistemas biolóxicos, xa que permiten visualizar eventos moleculares cunha sensibilidade e selectividade sen precedentes. Neste contexto, resulta especialmente interesante o desenvolvemento de sensores intelixentes que cambien as súas propiedades espectroscópicas en resposta ás biomoléculas implicadas nas enfermidades. Estes sensores non só poden utilizarse para entender os mecanismos moleculares da patoloxía, senón que tamén poderían permitir o seu diagnóstico e servir como poderosas ferramentas para identificar novas dianas terapéuticas.

O noso grupo de investigación pretende contribuír a este campo mediante o desenvolvemento de sensores, combinando péptidos e fluoróforos orgánicos ou complexos de lantánidos, que poidan utilizarse para o diagnóstico do cancro ou das enfermidades neurodexenerativas.

Liña de Investigación 2 - Materiais nanoestructurados

O deseño de nanoestructuras monodimensionais autoensambladas centrouse fundamentalmente no desenvolvemento de estruturas estáticas, con todo, a preparación de sistemas sensibles aos estímulos abrirá novas posibilidades para a obtención de novas arquitecturas que imiten as nanoestructuras proteicas naturais das células eucariotas. Estas estruturas naturais son dinámicas, capaces de crecer ou desensamblarse rapidamente para axustar as súas propiedades e así, adaptarse ás necesidades celulares.

O noso grupo de investigación pretende definir un novo enfoque multidisciplinar que combine a química orgánica, peptídica, supramolecular e covalente dinámica, e a nanotecnoloxía para o desenvolvemento de materiais que respondan a estímulos externos baseados en interaccións dinámicas e, por tanto, sexan idóneos para interactuar con organismos vivos.

Patentes

  • “Fragmentos peptídicos de CX43 para su uso como agentes senolíticos”. (ES2804039A1, WO2021018879A1). Data de Prioridade: 30/07/2019. Reg. De explotación: España e Internacional. Autores: María D. Mayán, Marta Varela, Alejandro Castro, M. Eugenio Vázquez, José L. Mascareñas, Soraya Learte, José Ramón Caeiro, Elena Pazos

Méritos en investigación:

- ERC Starting Grant 2019

"Supramolecular engineering of biologically inspired peptide nanostructures - SENSE".

Importe: 1.494.375 €

- Investigadora Ramón y Cajal 2019,

Elena Pazos obtivo a 2ª posición do panel de Ciencias e Tecnoloxías Químicas.

Importe: 308.600 €

- Investigadora InTalent 2017

Elena Pazos foi unha dos dous seleccionados de 122 candidatos presentados.

Importe: 210.000 €

Contribuciones en ediciones especiales de revistas científicas:

  • Claudia Pigliacelli, Rosalía Sánchez-Fernández, Marcos D. García, Carlos Peinador, Elena Pazos. Self-assembled peptide–inorganic nanoparticle superstructures: from component design to applications. Commun. 2020, 56, 8000-8014.

Contribución convidada ao 2020 Emerging Investigators Themed Collection.

  • Pablo Cortón, Paula Novo, Vanesa López-Sobrado, Marcos D. García, Carlos Peinador, Elena Pazos. Solid Phase Zincke Reaction for the Synthesis of Peptide-4,4’-bipyridinium Conjugates. Synthesis 2020, 52, 537-543.

Contribución convidada ao Bürgenstock Special Section 2019 Future Stars in Organic Chemistry.

  • Rosalía Sánchez-Fernández, Agustín Sánchez-Temprano, David Esteban-Gómez, Elena Pazos. Probing Tyrosine Nitration with a Small Tb(III)-Metallopeptide. ChemBioChem 2023, e202300072.

Contribución convidada ao 2022/23 ChemBioTalents Themed Collection.

Membros do grupo

Outra información de interese

Artígos

Advancing diagnostics with BODIPY-bismuthene DNA biosensors

  • Autores: Gutiérrez-Gálvez, L.; Enebral-Romero, E.; Valle-Amores, M.I.; Pina-Coronado, C.; Torres, I.; López-Diego, D.; Luna, M.; Fraile, A.; Zamora, F.; Aleman, J.; Álvarez, J.; Capitán, M.J.; Lorenzo, E.; García-Mendiola, T.
  • Revista: Nanoscale, 2025, 17, 8126
  • URL: https://pubs.rsc.org/en/content/articlelanding/2025/nr/d4nr05258g
  • Cuartil: Q1 (Wos /Scopus)
  • CiteScore: 9.9
  • Impact factor: 5.1
  • DOI: 10.1039/d4nr05258g

Modulating the Dimensions of Rectangular Hydrazone-Based Bispyridinium Macrocyclic Receptors

  • Autores: Fernández-Labandeira, Natalia; Montes de Oca, Iván; Pazos, Elena; Blanco-Gómez, Arturo; Peinador, Carlos; García, Marcos D.
  • Revista: Journal of Organic Chemistry, 2025
  • URL: https://pubs.acs.org/doi/10.1021/acs.joc.5c00695
  • Cuartil: Q2
  • CiteScore: 6.1
  • Impact factor: 3.6
  • DOI: 10.1021/acs.joc.5c00695

Tetrahedral DNA nanostructures, graphene and carbon nanodots-based electrochemiluminescent biosensor for BRCA1 gene mutation detection