Igualdade de Xénero

A nosa política de igualdade de xénero consiste en promover equipos con equilibrio de xénero, garantir a igualdade de xénero nos órganos de toma de decisións, e ter en conta sempre a dimensión de xénero en investigación e innovación para mellorar a calidade e a pertinencia social dos resultados.

No CICA adoptamos o Plan de igualdade de xénero elaborado pola UDC, o cal, en liñas xerais, estrutúrase ao redor de 4 eixos de traballo:

  1. Gobernanza, responsabilidade social e transversalidade
  2. Perspectiva de xénero na actividade docente e investigadora
  3. Prevención e intervención fronte á violencia machista
  4. Conciliación, desenvolvemento persoal e carreira profesional

As medidas previstas dentro de cada eixo están dirixidas tanto aos tres colectivos que conforman a comunidade universitaria (docentes, alumnado e persoal de administración e servizos), como á sociedade en xeral.

A UDC actualizaou o seu plan de Igualdade que se pode consultar neste documento:

III Plan igualdade udc galego

 

O CICA creou unha Comisión de Igualdade, Diversidade e Inclusión a raíz das bases establecidas pola UDC a partir da cal se estableceu un plan de igualdade propio que se pode consultar neste documento:

Plan acción de Igualdad, Diversidad e Inclusión CICA 23_27

 

Algúns datos de xénero no CICA:

  • O 53 % do persoal son mulleres.
  • 12 de 31 grupos de investigación están coordinados por unha muller.
  • O 44 % dos persoal investigador posdoutoral e investigador principal son mulleres.
  • O 62 % do persoal investigador predoutoral son mulleres.