ÁREAS E GRUPOS

BIOMEDICINA

ALIMENTACIÓN, CONTAMINACIÓN E SAÚDE

NANOCIENCIA E MATERIAIS AVANZADOS

Áreas

As enfermidades que agora son as principais causas de morte no mundo desenvolvido xorden de fallos nas nosas propias células. Atopar unha cura para remedialas require unha comprensión profunda das súas causas mediante o acheguamento da xenética, a bioloxía celular, a química, a física, a computación e moitos outros campos. Estes campos únense de maneira interdisciplinar para abordar a resolución destes problemas. O CICA reúne baixo esta área investigadores/as cun obxectivo común: aprender a traducir os resultados da investigación básica en aplicacións médicas. Esta área organízase ao redor de cinco desafíos de investigación, a saber, cancro, enfermidades neuronais, envellecemento, metabolismo e infección co obxectivo de descifrar por que se desenvolven as enfermidades e achar novas formas de diagnóstico, prevención e tratamento. As liñas estratéxicas definidas para esta área son as seguintes:

Neurociencia

Neurorehabilitación non farmacolóxica en maiores e enfermos neuropsiquiátricos. Os efectos da fisioterapia nas persoas maiores e enfermidades neurodexenerativas. Alimentación e funcionamento cognitivo. Sistemas de retroalimentación na visión e a memoria de traballo en modelos animais.

EnfermIdades Infecciosas

Diagnóstico rápido de microorganismos multirresistentes. Procura das relacións entre patoloxías e microbioma. Estudo de mecanismos de resistencia bacteriana.

EnfermIdades Crónicas

Análise de datos de interactómica de proteínas relacionadas con procesos cancerosos. Técnicas para validación de interactomas. Estudo das alteracións hormonais na obesidade. Enfermidades da hipófise aspectos translacionais. Insuficiencia renal crónica.

Medicina ReXenerativa

Estudo da artrose en modelos humanos de células nai pluripotentes inducidas. Xeración de liñas mesenquimais de pacientes con artroses e doadores sans/as. Identificación de fenotipos de osteoartrite (OA) mediante aproximación de big data. Rexeneración ósea personalizada. Estudo preclínico farmacodinámico e farmacocinético da inxección intraarticular combinada de dous fármacos nun modelo de artrose cirúrxica en rata. Enxeñaría tisular. Mecanismos de inflamación na destrución articular. Procesos de estrés oxidativo en inflamación. Modelos humanos de artroses de liñas mesenquimais e células nai pluripotentes inducidas.

Envellecemiento

Efecto da idade en miRNAs proinflamatorios contidos en vesículas extracelulares derivadas de células nai mesenquimais. Papel da autofaxia na remodelación da membrana peritoneal asociada a pacientes tratados/as con diálise peritoneal. Efecto dunha dieta antioxidante. Modelo animal de envellecemento prematuro.

Dentro dun contexto de crise sanitaria mundial, comprender as percepcións das persoas sobre a súa propia saúde e saber comportarse para manterse sas, convértense en temas de grande interese. Os grupos desta área estudan como aspectos sobre a contaminación, unha alimentación adecuada e a utilización dunha produción primaria responsable, teñen unha incidencia moi importante na mellora da saúde humana. Estas son as liñas onde se enfocan todos/as os/as investigadores/as desta área:

Alimentación Funcional e Nutrición Saudable

Desenvolvemento e avaliación de novos alimentos funcionais. Agronomía mariña sustentable. Técnicas moleculares en bioloxía do solo.

Producción Primaria Responsable (pesca, forestal, agricultura y acuicultura)

Avaliación de recursos ficolóxicos de interese industrial nas costas galegas. Procesos fisicoquímicos de valorización de biomasa de orixe mariña. Xenética de poboacións e xestión de pesqueiras. Xenómica, proteómica e bioinformática: evolución da expresión xénica e das rutas proteicas en crustáceos. Reutilización biotecnolóxica de residuos. Cultivos de cobertura, monitorización e xestión da terra e medidas de conservación da terra e a auga. Agricultura de precisión. Uso e manexo do solo: fertilidade do solo e nutrición mineral. Fraccionamento químico para o aproveitamento de materiais lignocelulósicos; identificación e separación de compostos bioactivos (pasteado, fraccionamiento, lignocelulosa, celulosa, lignina, pastas para disolver, organosolv, biorrefinaría).

Contaminación e Saúde

Depuración de augas residuais urbanas e industriais. Microbioloxía de augas termais. Redución de contaminantes en augas. Metais pesados en solos. Sustentabilidade de recursos hídricos: redución de contaminantes orgánicos. Avaliación ambiental: efecto de actividades urbanas, industriais e agrícolas. Interaccións entre o medio ambiente e a saúde humana. Xestión e aproveitamento de recursos orgánicos. Depuración, xestión e recuperación de recursos das augas residuais. Eliminación de cheiros, COV e CIV, mediante procesos físicos/químicos (fotorreactores, absorción, absorción, principalmente). Eliminación de gases de efecto invernadoiro: CH4, CO2, NOX. Tratamento do biogás: estudos de eliminación de H2S, siloxanos.

As principais liñas de investigación ocúpanse do deseño, preparación e caracterización de nanoestruturas, a súa avaliación biolóxica in vitro e in vivo, para ser utilizadas no estudo de procesos biolóxicos e o desenvolvemento de ferramentas biomédicas como plataformas de diagnóstico ou multiterapéuticas. Para alcanzar estes materiais estúdanse os procesos de sínteses, incluída a catálise, tanto de moléculas pequenas, estruturas supramoleculares ou materiais nanométricos. Outro foco moi importante nesta área é a produción de polímeros mediante procesos sustentables. As liñas máis importantes son as seguintes:

Nanotecnoloxía

Soporte da análise da estrutura electrónica por métodos computacionais. Química supramolecular e a caracterización de fármacos. Inserción de fármacos en soportes adecuados para o seu transporte.

Novos Materiais

Síntese, aplicacións de nanomateriais derivados de carbono: grafeno, nanotubos, nanofibras e híbridos. Avaliación de novos materiais para transporte de antitumorais. Sensores como biomarcadores de cancro de moléculas pequenas como ferramenta para a detección temperá do cancro. Materiais barocalóricos híbridos orgánico-inorgánico con aplicacións en xeración de enerxía fotovoltaica, dispositivos fotocrómicos, sensores multifuncionais. Desenvolvemento de compostos e materiais multifuncionais con propiedades ópticas e magnéticas (sondas fluorescentes, interruptores moleculares, sistemas p dador-aceptor). Inserción de compostos orgánicos en matrices de carbono. Produción de biopolímeros de ácidos graxos volátiles (AGV) a partir de residuos e augas residuais industriais. Produción de biopolímeros (polihidroxialcanoatos, PHA) a partir de residuos e augas residuais industriais. Novos materiais poliméricos para o desenvolvemento de novos antimicrobianos.

Métodos de Sínteses

Métodos catalíticos en sínteses. Síntese de compostos con propiedades termocrómicas e fotoluminiscentes. Síntese de materiais barocalóricos. Desenvolvemento de procedementos avanzados de oxidación, especialmente fotólise directa e/ou fotocatalizada. Síntese verde de nanopartículas metálicas. Complexos de metais con aplicacións biomédicas: síntese, caracterización, estudo da súa toxicidade e aplicación. Bioloxía sintética.

Moléculas Bioactivas e de Diagnóstico

Estudo da toxicidade in vitro de novos axentes de contraste. Análise da actividade in vivo de sondas luminescentes. Identificación de novos metabolitos e novas dianas relacionadas coa interacción coa microbiota, para o tratamento de cancro, alteracións cardíacas e patoloxías como o alzhéimer. Identificación e estudo do mecanismo de acción de novos axentes antitumorais contra novas dianas terapéuticas. Procura de compostos naturais como potenciais axentes rexenerativos con aplicacións en artroses. Compostos metálicos con interese en imaxe biomédica. Desenvolvemento dunha nova xeración de metalofármacos antineoplásicos. Procura de biomarcadores xenéticos mediante técnicas de proteómica para o diagnóstico, prognóstico e eficacia terapéutica. Procura de antimicrobianos. Síntese de compostos bioactivos (produtos naturais e fármacos).