A Unidade de Experimentación Animal (UdEA-CICA) da Universidade de A Coruña (UDC) creouse para dar apoio á investigación no ámbito da experimentación animal, tanto a grupos da propia universidade como a outros organismos públicos e privados.
A Unidade dispón dun animalario de tipo I convencional, con instalacións e equipamento que permiten o aloxamento e manexo de diferentes modelos animais en condicións controladas. Estas infraestructuras facilitan o desenvolvemento de estudos preclínicos e modelos experimentais aplicados á investigación biomédica, farmacolóxica e biotecnolóxica.
Entre as súas actividades principais inclúense o mantenemento e seguimento de animais de experimentación e a prestación de servizos para a realización de diferentes ensaios.
A UdEA traballa en coordinación co Comité de Ética da Experimentación Animal (CEEA) da UDC, encargado da evaluación e supervisión dos proxectos que implican o uso de animais.
