Comezou a tocar a pandeireta dende Estocolmo a través dunha pantalla do ordenador. Alí desenvolveu case a totalidade do seu porfolio artístico, e chegou a unha idea de traballo: tentar amosar a nosa maneira de relacionarnos cunha cultura minorizada cando se estraga a cadea e transmisión, e en lugar de vivir experiencias dun xeito directo pasamos a vivir das representacións que nos chegan desas mesmas experiencias.
A idea: tentar amosar a nosa maneira de relacionarnos cunha cultura minorizada cando se estraga a cadea e transmisión

Breogán sempre pensa na aldea de seus pais e na conexión tan íntima que estableceu, dende sempre, co lugar. Porén, nunca viviu alí: “Ese sentimento naceu polas imaxes que me trasladaron os meus pais da súa infancia, ou a partires do que eu puiden atopar investigando sobre o pasado. Igual que coa pandeireta: a miña familia ten esa relación coa música, máis eu comecei case dende o exotismo, de que só o valoras cando estás fóra, e iso é problemático”. Foi aí cando se convenceu de vencellar o seu traballo artístico a este tipo de cuestións relativas ás identidades e a terra.
Dende aquel momento comezou a traballar a explorar nese concepto de exotismo, mais lembra: “Para tratar unha realidade non hai por que reproducila”. O que lle chamou a atención do grupo Biocost é o proceso de comunicación existente entre as algas: cando as condicións de vida empeoran para unhas, as outras comunícanse para transmitirlles nutrientes… para Breogán, isto está moi vencellado á supervivencia dunha cultura minorizada, que vai fragmentándose e distorsionando a súa realidade até chegar a situacións como a diglosia.
«Na miña obra interésame localizar elementos identificativos dunha cultura e tensionalos, ver ata que punto seguen mantendo a súa función e a partir de cando deixan de funcionar e pasan a resignificarse»
O artista sinala que cando un pensa no mar, unha temática recorrente na súa obra, moitas veces chega á imaxe concreta, poética, mais aqueles que comen del amosan o seu medo ao mesmo tempo. Por iso, Breogán tende pontes entre dúas maneiras de estar no espazo, dous xeitos de vivir nel: o paisaxe e a terra. A escuma do mar e a romaría. As pedras de abalar que percorren unha Galicia na cal xa non se abala máis.
“Para tratar unha realidade non hai por que reproducila”
Por iso, a súa obra defínese como unha cousa cambiante e fluída: ás veces fai escultura, outras murais, intervencións nos espazos onde sempre fica, agochada para quen saiba ver, unha narrativa. Nós, co malo e con o bon, somerxidos na cultura e no recordo, ás veces sen sentirnos parte, sen pensalo, e outras tremendo por chegar a selo.
Breogán fai a súa residencia co grupo de investigación en Bioloxía Costeira BIOCOST.
FICHA TÉCNICA. (Castellano)
Breogán Torres es escultor e instalador. Estudió Bellas Artes en Madrid y luego se mudó a Suecia para estudiar un máster, de ahí que la práctica totalidad de su porfolio, según dice, lo haya desarrollado más allí que aquí.
En su obra trata de transmitir las tensiones existentes entre la cultura, el folclore y nuestra relación con el paisaje. Se centra en las relaciones entre un pueblo y su cultura minorizada, para tratar de representar lo que ocurre cuando se rompe la cadena de transmisión: en lugar de vivir determinadas experiencias de manera directa, solo llegamos a experimentar las representaciones que, a través de historias o leyendas, recibimos sobre estas mismas experiencias.
Participa en CICAGallery junto al grupo de investigación Biocost.