A Coruña reúne esta semana a los investigadores del proyecto europeo DRYAD

A Coruña reúne esta semana a los investigadores del proyecto europeo DRYAD
  • Un proyecto orientado a implantar prácticas sostenibles en regiones mediterráneas

  • Francisco Javier Samper Calvete, del grupo AQUATERRA, se encargará de la coordinación del equipo durante los próximos 4 años

  • El proyecto tendrá un coste total de 8.622.807,50 €, con una contribución da Unión Europea que alcanza los 8.448.545 €, de los que la UDC recibirá 915.000 €

A Coruña, 19 de setembro de 2024.- O Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña coordinará durante os vindeiros catro anos o proxecto europeo DRYAD, consistente na demostración e modelización de solucións baseadas na natureza (SBN) para mellorar a resiliencia dos ecosistemas e paisaxes agrosilvopastoriles mediterráneos, co obxectivo promover as prácticas sostibles e resilientes ao clima e facilitar plans rexionais de adaptación. O investigador principal e coordinador desde proxecto de catro anos é Francisco Javier Samper Calvete, catedrático de universidade, docente da Área de Enxeñaría do terreo e  investigador no CICA, concretamente no grupo AQUATERRA. 

 Durante estes días, reúnense na Coruña preto de 50 participantes do proxecto, procedentes de cinco países mediterráneos, na KICK-OFF Meeting que arrincou onte na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos da UDC. 

 O proxecto, financiado polo programa Horizonte Europa, combina innovacións científicas, tecnolóxicas, sociais e empresariais de primeira liña, así como solucións transformadoras. Centrarase no desenvolvemento, as probas e a demostración de solucións baseadas na natureza (SBN) en cinco rexións de demostración, entre elas Andalucía e Estremadura (España), o Alentejo (Portugal), Sardeña (Italia) e Etolia-Acarnania (Grecia). As SBN máis prometedoras transferiranse a estas 3 rexións replicadoras: Castela e León (España), Occitania (Francia) e a Toscana (Italia). Ademais, DRYAD apoiará unha gobernanza de xestión integrada mediante o desenvolvemento de sistemas de apoio á toma de decisións. O proxecto mobilizará ás autoridades rexionais e locais e ás partes interesadas que se apropian do desafío climático, entidades de investigación, fundacións públicas e privadas, empresas e cidadáns e involucraraos nos procesos de cocreación, coimplementación e covalidación por medio de Living Labs (bancos de probas). Isto conducirá á creación de solucións reais amplamente aplicables con impactos duradeiros. O proxecto promocionará ferramentas e guías de implementación para promover prácticas sostibles e resilientes ao clima e facilitar plans rexionais de adaptación, contribuíndo á Lei de Restauración da Natureza en termos de natureza resiliente a adaptacións climáticas. 

 

Un consorcio multidisciplinar 

 No consorcio participan 27 organizacións asociadas: nove entidades de investigación (UDC, UT, UCO, UNISS, CNR, UEX, AUA, IST-IDE, ISA) de cinco países, tres entidades de apoio técnico e científico (Fondazione CMCC, IFAPA, LNEG), oito fundacións e asociacións (FEUGA, UNAC, CONFAGRICOLTURA, FEDEHESA, Alberitalia, AGROOF, FPNCYL, COVAP), catro autoridades rexionais e locais (CAPADR, AG-Forestas, DX, CCDRA) e tres Pequenas e Medianas Empresas (FSC Italia, Lezirias, ICATALIST). 

 Coordinado pola UDC, o proxecto terá un custo total de 8.622.807,50 €, cunha contribución da Unión Europea de 8.448.545 €, dos cales a UDC recibirá 915.000 euros. 

 Os esforzos do consorcio contribuirán a mellorar as ferramentas e os enfoques políticos europeos existentes, sobre todo para apoiar a Estratexia “Da Granxa á Mesa” e o Pacto Verde Europeo, a Estratexia da UE sobre a Biodiversidade para 2030, a nova Estratexia de Adaptación ao Clima da UE, a Estratexia Dixital Europea, a Política Agrícola Común e os plans estratéxicos nacionais relacionados, o requisito da Directiva Marco da auga e a próxima Lei de Restauración da Natureza.

 

Go to top